Cargando resultados...
A exdeputada da CUP comparece voluntariamente no Supremo
Gabriel, fuxida a Suiza hai catro anos, quedou en liberdade pero está sendo investigada por desobediencia relacionada co proceso independentista

G24.gal
19/07/2022 13:55
A exdeputada da CUP Anna Gabriel, fuxida a Suíza hai catro anos, compareceu hoxe voluntariamente no Tribunal Supremo para regularizar a súa situación procesual.
Gabriel está investigada por desobediencia en relación ao proceso independentista catalán, un delito que non leva aparellada pena de prisión, aínda que si de multa e inhabilitación.
O Supremo declaráraa en rebeldía no 2018. Nada máis comparecer hoxe, o maxistrado Pablo Llarena deixouna en liberdade, aínda que a chamará a declarar nos próximos días.