A Ficalía pide a liberdade para Juana Rivas
O pai dos seus fillos tamén pediu a súa liberdade
O Goberno concedeulle un indulto parcial

A Fiscalía recorreu na Audiencia Provincial de Granada o auto do xuíz que denega a suspensión da condena de prisión de Juana Rivas, pendente tras o indulto parcial do Goberno.
Aduce que, ademáis de cumprir os requisitos legais que establece o Código Penal, Rivas satisfizo as responsabilidades civís, ten un prognóstico de reinserción favorable e acatou os fundamentos da sentenza, ao cumprir "escrupulosamente" o réxime de visitas que estableceu a xustiza italiana.
A Fiscalía tamén apreza como relevante o feito de que o pai dos seus fillos tamén pedira a súa liberdade e o tribunal italiano concedeulle un amplo réxime de estadía durante o Nadal.
De maneira especial, engaden o superior interese dos cativos a recuperar e normalizar a relación ca súa nai.