A Garda Civil detecta máis de 50 carnés de conducir falsos en varias provincias
A rede trocaba licenzas de Marrocos por permisos españois
Hai unha persoa detida en Madrid e corenta investigadas

A Garda Civil detectou máis de 50 permisos de conducir falsos en varias provincias españolas. Polo momento, hai unha persoa detida en Madrid e 40 investigadas.
A rede desmantelada pola operación Muzawara, segundo fontes da investigación, utilizaba carnés falsos de Marrocos, para posteriormente trocalos por permisos españois.
As forzas de seguridade rexistraron o domicilio do arrestado, centro de distribución das licenzas de condución a distintos puntos da xeografía española.
Interviron numerosa documentación, cartos en metálico, dispositivos móbiles e carnés vinculados á investigación. A operación continúa aberta e non se descartan novas detencións.
