Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aprehendidos máis de 83.000 xoguetes irregulares en diversas festas patronais

Aprehendidos máis de 83.000 xoguetes irregulares en diversas festas patronais

As inspeccións realizáronse en postos ambulantes instalados en Sada, Arteixo, Culleredo e Carral

O valor total da mercancía aprehendida ascende a 123.639 euros

Entre o xénero requisado figuran 2.874 unidades dos modelos SQUISHY e DUMPLING, que presentan posibles riscos químicos e aparencia similar a alimentos

Imaxe cedida pola Garda Civil
G24.gal 19/09/2026 09:28

A Garda Civil levou a cabo un operativo preventivo que permitiu aprehender un total de 83.836 xoguetes que carecían da correspondente documentación de importación legal e presentaban graves deficiencias de seguridade.

Entre os xoguetes irregulares incautados figuran 2.874 unidades dos modelos Squishy e Dumpling, que presenten posibles riscos químicos e aparencia similar a alimentos, informa o instituto armado nunha nota.

Trátase de pequenos xoguetes brandos que se esmagan coa man e recuperan lentamente a súa forma. Un destes produtos ten aparencia de empanadilla asiática (dumpling).

O operativo foi desenvolvido pola Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Coruña en Sada, Arteixo, Carral e Culleredo permitiu a incautación de 83.836 xoguetes que carecían de documentación de importación legal e presentaban deficiencias de seguridade.

As intervencións comezaron en postos de venda ambulante en festas patronais das citadas localidades nos meses de xullo, agosto e setembro.

O valor total estimado da mercancía intervida ascende a 123.639 euros.

As actuacións dos axentes concluíron con catro inspeccións comerciais e vinte e dúas actas de denuncia conforme á lei orgánica de represión do contrabando e a normativa de seguridade dos xoguetes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade