A maior parte das adegas de Valdeorras xa comezaron a vendima
A campaña prolongarase ata o mes de outubro
Malia as chuvias de xuño agardan unha boa colleita

A Denominación de Orixe Valdeorras, a primeira en comezar a vendima en Galicia, o día 21 de agosto, leva xa dous millóns de quilos de uvas recollidos, practicamente toda da variedade godello.
As chuvias de xuño obrigaron a estar moi pendentes dos viñedos pero conseguiron evitar a enfermidade polo que se agarda unha boa colleita, semellante ao do ano pasado.
A adega Terriña de Petín prevé recoller uns 300.000 quilos de godello. Cando comezou, hai unha década eran 90.000.
O godello, único polos solos e o clima de Valdeorras, comezou a recuperarse cun plan especial hai medio século.
A vendima que xa botou a andar en 33 das pouco máis de 40 adegas coas que conta a denominación, prolongarase ata o mes de outubro.