Cargando resultados...
A militancia socialista da Coruña elixe o líder provincial entre dous candidatos
O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e a deputada autonómica Noa Díaz aspiran ao cargo

G24.gal
30/01/2022 13:45
Os socialistas coruñeses elixen este domingo o seu líder provincial para os próximos catro anos entre dous aspirantes.
Son o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, afín ao líder actual do PSdeG, Valentín González Formoso, e a deputada autonómica Noa Díaz, próxima a Gonzalo Caballero.

Neste proceso interno están chamados a votar os 3.900 militantes que o partido ten na Coruña, a provincia na que están afiliadas máis persoas.
Poderán exercer o seu dereito ao voto nos 65 centros de votación habilitados nas distintas agrupacións ao longo de toda a xornada.
