Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ministra de Exteriores alemá denuncia un ciberataque ruso e promete "consecuencias"

A ministra de Exteriores alemá denuncia un ciberataque ruso e promete "consecuencias"

O Goberno xermano asegura que os hackers accederon o ano pasado ás contas de correo electrónico dos líderes do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD)

A Ministra de Exteriores alemá é recibida pola súa homóloga australiana (Sina Schuldt/dpa) A Ministra de Exteriores alemá é recibida pola súa homóloga australiana (Sina Schuldt/dpa)
G24.gal 03/05/2024 08:57 Última actualización 03/05/2024 09:24

A ministra de Exteriores alemá Annalena Baerbock denunciou este venres que Rusia está detrás dun ciberataque rexistrado o ano pasado contra o Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) do chanceler Olaf Scholz e ameazou con "consecuencias".

O Goberno alemán concluíu agora o proceso para esclarecer a atribución do ataque, que, segundo as súas investigacións, procede do grupo APT28, vinculado á espionaxe militar rusa GRU. Anunciouno Baerbock desde Adelaida, en Australia, segundo un vídeo difundido polo Ministerio en redes sociais.

"Uns hackers estatais rusos atacaron a Alemaña no ciberespazo. É totalmente inaceptable e non quedará sen consecuencias", remachou, durante unha rolda de prensa coa súa homóloga australiana Penny Wong.

O SPD deu a coñecer o ciberataque no verán de 2023 e explicou que este aproveitara unha brecha de seguridade do sistema operativo Microsoft para gañar acceso ás contas de correo electrónico dos líderes da formación socialdemócrata.

Unha portavoz afirmou entón que non se podía excluír que os hackers puidesen roubar datos dalgunhas contas de correo, mentres que o secretario xeral do partido, Kevin Kühnert, xa formulou a sospeita de que a man de Moscova estaba detrás do incidente.

Sospéitase que o mesmo grupo é responsable tamén do ataque aos sistemas do Bundestag (cámara baixa do parlamento alemán) en 2015, ao servidor do estadounidense Partido Demócrata en 2016 e contra a campaña presidencial de Emmanuel Macron en Francia en 2017.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade