Cargando resultados...
A Policía investiga a violación grupal dunha muller en Valencia
Segundo a vítima, tres descoñecidos agredírona polas costas nunha céntrica rúa da cidade

G24.gal
02/07/2022 20:42
A Policía Nacional investiga a presunta violación grupal a unha muller en Valencia. A vítima, de 26 anos, afirmou que foi abordada o 18 de xuño por tres descoñecidos de madrugada nunha céntrica rúa da cidade.
Segundo o seu testemuño, agredírona sobre o capó dun coche mentres pedía axuda sen que ninguén a escoitara. Os axentes tratan de identificar os presuntos agresores grazas ás cámaras de seguridade de comercios da zona.
A muller puido facilitar poucos datos ao asegurar que foi un ataque polas costas e con gran brutalidade.
