Cargando resultados...
Poucos días antes de que veñan os Reis Magos...
Os expertos lembran que as pantallas son ferramentas, non xoguetes
G24.gal
30/12/2024 20:52
As tabletas, os ordenadores e os móbiles son ferramentas, non xoguetes. Este é o consello que unha psicóloga lles dá aos Reis de cara á noite do cinco de xaneiro. Tamén lles lembra que con tres agasallos abonda para que os nenos manteñan a ilusión nunha data tan especial.