A segunda volta da ACB comeza con partidos esixentes para os galegos
O Breogán recibe o Bilbao, rival directo, no Pazo (18:00 h)
O Leyma Coruña visita mañá o Real Madrid (17:00 h)
A segunda volta comeza cunha cita de máximo nivel para o Río Breogán. Así o di a clasificación cun os chamados duelos directos. Diante estará o Bilabo Basket que suma o mesmo número de vitorias. No inicio de liga, os lucenses aguantaron un mal último cuarto cedendo por 18 puntos. Asegurar hoxe o triunfo no Pazo tería un valor engadido.
Definición de barruetazo, a tripla espectacular que na primeira xornada, contra o Madrid, lle deu ao Leyma o maior momento de éxtase de toda a temporada. O máis difícil aínda, repetilo.
Thomas Huertel, con molestias, e Augusto Lima, no último treito da recuperación, perderanse o partido diante dun dos seus exequipos. Agarda un Real Madrid que aínda non perdeu na casa q que aínda ten no padal o último triunfo obre a bucina na Euroliga.