Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán remonta nunha segunda metade espectacular contra o Bilbao (76-71)

O Breogán remonta nunha segunda metade espectacular contra o Bilbao (76-71)

Os lugueses acadaron a sétima vitoria da temporada contra un rival directo, que chegou ao descanso 11 puntos arriba

G24.gal 25/01/2025 20:35

Gañar un partido no que só anotas 26 puntos ao descanso ten certa curiosidade. Casimiro dicía que fronte a Bilbao ía ser necesaria unha clarividencia ofensiva importante e diso careceu precisamente o Río Breogán durante 20 minutos. O equipo vasco manexou o partido con Dragic como referente.

O 26-37 do intermedio fací resucitar pantasmas pasadas. Pero o descanso actuou como catarse para o equipo celeste, que foi outro. O Bilbao aguantou a acometida ata o 40-50, ata que daquela chegou un parcial de 12-1 que o cambiou todo. Atic, Mavra e Nakic lideraban esa reacción, fulminante. No terceiro cuarto o Breo anotou os mesmos puntos que nos dous anteriores. E ademais, conxugouse cunha acitude defensiva impecable.

O Breogán obtivo seis puntos de vantaxe pero o polaco Gielo, con dúas triplas, mantivo a incerteza. Incluso Hlinason, cun mate, empatou o partido con tres mintuos por xogarse- Pero cando máis queimaba o balón unha canastra de Dominik Mavra, vaia base por certo, e un rebote ofensivo providencial con canastra de Jordan Sakho deixaban o triunfo na casa.

E se as vitorias a veces teñen nome propio este pode ser o de Edin Atic. Ao inicio da temporada do bosníaco só se lle lembraba a súa amizada do ídolo Musa, pero nestes meses estase a converter nun xogador fundamental. Fronte ao Bilbao fíxo de todo, 13 puntos, 7 rebotes e 3 asistencias e 4 recuperacións. Iso, o que amosa a estatística. O seu crecemento é semellante ao que ven amosando o equipo nas ultimas semanas de competición.

Son xa sete vitorias. O futuro vese doutro xeito.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade