Publicador de contidos

Publicador de contidos

A taxa turística, máis preto de ser unha realidade en Santiago

A taxa turística, máis preto de ser unha realidade en Santiago

O Concello propón cobrar entre 1,8 e 3 euros por turista e noite

Os detractores cren que freará o turismo, e outros propoñen cobrala só en temporada alta

G24.gal 31/01/2023 14:41

O debate está na rúa. Deberían os turistas que chegan a Santiago pagar unha taxa pola súa estadía como xa se fai noutras cidades? "Non é un impedimento, pagala noutros sitios non vas pagala en Santiago", afirma unha turista.

Para outros o novo imposto freará o turismo. "Rotundamente non, nós vivimos do turismo", di a dona dun comercio da zona vella, outro empresario asegura que "se hai turismo o que non hai é que estragalo, non deberían se ata o de agora vivimos sen ela aguantaremos igual".

O imposto cobraríase nos aloxamentos, e podería supoñer entre 1,8 e 3 euros por turista e noite. "Hoxe son tres mañá son 6, non é a cantidade é a acción de cobrala", opina un turista, outra engade "noutros sitios a taxa é máis alta, non creo que sexa moito 3 euros".

Santiago é un dos destinos urbanos máis saturados de España. O ano pasado recibiu máis de 838.000 visitantes, a maioría en temporada alta. Para moitos, de implantar a taxa debería ser estacional.

"Si está moi masificado nos meses de verán quizais si", di unha turista, unha veciña engade "si sobre todo para a xente que vive aquí que lle supón un custo". O novo imposto deixaría nas arcas municipais entre dous e tres millóns de euros, que se destinarían a reforzar os servizos máis afectados pola afluencia de visitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade