Cargando resultados...
A viguesa Ester Navarrete acada praza olímpica no maratón de Sevilla
Gañou o campionato de España e rebaixou en máis de dous minutos a mínima esixida para estar en París
G24.gal
18/02/2024 11:16
A viguesa Ester Navarrete proclamouse en Sevilla campioa de España de maratón e acadou a mínima olímpica para estar en París. Era a súa primeira experiencia na longa distancia. Xa amosara boas feituras na media maratón onde cun tempo de 1:09:58 conseguira a mellor marca galega de todos os tempos superando a Julia Vaquero, pero este rexistro esnaquiza a mellor das previsións.
Con 2:24:40 fixo a segunda mellor marca española da historia e rebaixou en máis de dous minutos a mínima esixida para estar na cita estelar deste verán. Tivo un gran duelo con Meritxell Soler, que fixo 2:24:57 (a súa mellor marca e tamén con billete para París).
