A Xunta activa a alerta laranxa por tormentas no interior de Lugo
Este sábado agárdanse ademais refachos fortes e sarabia grande en boa parte da provincia
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, activou para a tarde deste sábado a alerta laranxa por tormentas no centro e na montaña de Lugo.
A Xunta asegura nun comunicado que o 112 informou os municipios da provincia afectada, a Deputación, o servizo provincial e as agrupacións de voluntariado de Protección Civil e os clubs náuticos, entre outros, co fin de garantir a seguridade.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), as tormentas podería ir acompañas de fortes refachos e sarabia grande. Por iso, recoméndase circular con precaución, non atravesar zonas alagadas ou que poidan chegar a alagarse e non aparcar nas marxes dos ríos.