Cargando resultados...
Accidente na autovía Santiago-Lugo
O turismo envorcou, pero non houbo feridos
Todo apunta a un descoido do condutor

Antón Montero
01/05/2023 19:27
Última actualización 01/05/2023 19:32
Un vehículo envorcou este luns na autovía que une Santiago e Lugo. Aconteceu no quilómetro 86 da A-54, pouco antes da saída cara o aeroporto da Lavacolla.
Todo apunta a que un despiste fixo que o condutor perdese o control do turismo, que acabou a cabalo da varanda de protección. A pesar da aparatosidade do sinistro, o condutor saíu ileso.