Cargando resultados...
Air Europa cancela 14 voos, dous en Galicia, na primeira das xornadas de folga dos pilotos
Os pilotos teñen convocados 7 días máis de paro
G24.gal
22/05/2023 14:00
Última actualización 22/05/2023 14:06
Comezan unha nova folga os pilotos de Air Europa. Este luns suspendéronse 14 voos das súas conexión nacionais e internacionais.
En Galicia, esta primeira xornada da segunda quenda de paros afectou o enlace con Madrid, ida e volta, desde o aeroporto da Coruña.
Os paros en protesta polo bloqueo das negociacións do convenio colectivo continuarán os días 23, 25, 26, 29 e 30 de maio e 1 e 2 de xuño. En total suspenderanse 14 voos nas rutas que unen Madrid con Galicia, Bilbao, Palma, Málaga, Roma, Milán, París e Portugal.