Cargando resultados...
Ana Pontón repasa as demandas de Pontevedra á Xunta
Nunha visita institucional ao Concello, en que estivo acompañada do alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores

G24.gal
28/09/2023 16:44
A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, visitou esta maña o Concello de Pontevedra. Repasou, xunto co alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, as demandas de Pontevedra ao Goberno da Xunta.
Entre elas o destino do Hospital Provincial unha vez que se remate a construción do hospital de Montecelo, a recuperación e ampliación do Museo de Pontevedra ou a dragaxe da ría.