Cargando resultados...
Anne Senosiain: "Temos que saír con confianza e sen nada que perder"
A xogadora celeste analiza o pase á gran final polo ascenso

G24.gal
29/04/2023 20:10
Puxo as cousas ben difíciles o Alcobendas en Navia para a clasificación das rapazas de Cristina Cantero á gran final polo ascenso á elite do baloncesto feminino español. Tralo partido o Galicia en Goles conversou cunha das xogadoras, Anne Senosiain.
"Foi un partido de moita tensión. Pouco a pouco fomos coñecendo as vantaxes, e co público, tivemos vantaxe. A defensa é o noso sinal de identidade. Estivemos potentes, axundándonos, e no ataque, ter confianza. O traballo é moi bo e o premio a un grande ano. Cando quitamos os nervios fomos quen de gozar. Sentimos moito o apoio da afección e agardamos que mañá sexa igual ou mellor.