Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gómez Reino: "Os orzamentos amosan o compromiso do Goberno con Galicia"

Gómez Reino: "Os orzamentos amosan o compromiso do Goberno con Galicia"

Gómez Reino cualifica de históricos os presupostos e salienta que "amosan un compromiso claro e específico do goberno de coalición con Galicia e co ámbito da xustiza social"

G24.gal 12/10/2022 11:03

O deputado de Galicia en Común no Congreso e secretario xeral de Podemos, Antón Gómez Reino, defende a partida dos Orzamentos do Estado para Galicia.

Nunha entrevista no Galicia por diante, Gómez Reino cualifica de históricos os presupostos e salienta que "amosan un compromiso claro e específico do Goberno de coalición con Galicia e co ámbito da xustiza social".  

"O investimento é do 8 %. Estamos clarisimamente no vagón de cabeza dos investimentos a nivel das comunidades autónomas. Se facemos un repartimento, por cada galego e galega, o investimento supera os 400 euros fronte aos 280 euros de media do Estado. Creo que hai un compromiso moi claro coas infraestruturas ferroviarias. Hai moitas infraestruturas e demandas históricas que, se ben se comezaron a resolver en anteriores orzamentos, continúan coma o saneamento da ría do Burgo".  

Destaca o secretario xeral de Podemos en Galicia, o que considera un "compromiso moi claro coas infraestruturas ferroviarias". Confía Gómez Reino en que en próximos exercicios se recolla investimentos para conexión de alta velocidade entre Galicia e Portugal. 

 

"Nós evidentemente sempre dixemos que a conexión con Portugal é unha prioridade. É unha boa nova que Portugal así o entenda e que vaia destinar tódolos recursos para poñer en marcha esta infraestruturas. Xa o dixemos en anteriores orzamentos que hai que tomar esa decisión,  dunha vez por todas,  e conectar o sur de Galicia, Vigo, con Porto. Non me cabe dúbida de que o veremos nos próximos anos. Realizáronse grandes investimentos en alta velocidade con Madrid, hai que traballar pola conexión con Portugal pero tamén é tempo de pensar nas infraestruturas de proximidades". 

 

Cuestionado polas críticas da Xunta aos orzamentos pola ausencia dunha partida para reconstruír o viaduto do Castro, na A6, Gómez Reino di non entender as declaracións da conselleira de infraestruturas, de Ethel Vázquez. Así destaca que "chama moitísimo a atención que estea a dicir isto cando sabe que o procedemento polo que se debe financiar esta infraestruturas, que xa están en marcha, é outro. Non sei se é falta de rigor, de mala vontade ou se quere tratar de censurar uns orzamentos que por outra banda son históricas no ámbito do investimento social e por outra parte son moi positivos e amosan o compromiso do goberno de coalición con Galicia". Aínda sobre a A-6, Gómez Reino recoñece que lles preocupa que "non se sexa máis transparente co calendario da infraestrutura pero estamos vendo que se está a traballar no asunto e dando solucións".
 
Gómez Reino apunta que son cautos sobre as negociacións entre goberno e PP para a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial. Acusa ós populares de "secuestrar os órganos do poder xudicial". 

"O que é incomprensible é a situación na que estamos. O único responsable é o PP que está moi interesado en que non se renoven os órganos do poder xudicial nos que hai unha clara maioría conservadora. Nós somos cautos, imos ver que fai o PP. O que nos falta é total confianza  de que o PP teña vontade real. Nós creemos que se os populares seguen en rebeldía, hai unha maioría parlamentaria para facer os cambios lexislativos pertinentes e nomear ó Consello Xeral do Poder Xudicial. Por outra parte, agora o goberno ten que nomear ós dous maxistrados do Tribunal Constitucional e iso creo que sería unha boa mensaxe de que máis alá de que o PP estea en rebeldía, o goberno vai dar pasos para cumprir a lei e a Constitución". 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade