Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arden cous coches preto dun almacén de colchóns en Melide

Arden cous coches preto dun almacén de colchóns en Melide

Os bombeiros lograron controlar as lapas antes de que estas se estendesen a un depósito próximo que contiña material inflamable

G24.gal 11/07/2023 13:03

Dous coches quedaron calcinados e ardeu material acumulado nas proximidades dun almacén de colchóns en Melide. Sucedeu de madrugada, na parroquia do Leboreiro. Foi un particular quen alertou os servizos de emerxencias ao ver fume negro na zona.

No lugar tamén había outros negocios, entre eles un restaurante, que tamén sufriu danos materiais nunha carpa exterior con mobiliario. No operativo participaron os bombeiros de Arzúa, a Garda Civil e Protección Civil de Melide.

Afortunadamente lograron controlar as lapas antes de que estas se estendesen a un depósito próximo que contiña material inflamable. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade