Cargando resultados...
Arquivada a causa contra o primeiro detido pola brutal malleira de Vigo
Os dous arrestados en Ourense son agora os únicos investigados

G24.gal
21/02/2022 20:32
Arquivan a causa contra o primeiro detido pola brutal malleira a dous mozos nunha rúa de Vigo. O mozo fora arrestado ante a sospeita de ser un dos participantes na agresión. Pero o xulgado de instrución que leva o caso acaba de libralo de toda responsabilidade.
Outros dous homes foron arrestados en Ourense en relación con estes feitos. Un deles está en prisión. A malleira produciuse o pasado 30 de xaneiro.