Cargando resultados...
Propoñen pagarlles estancias de inverno no Mediterráneo a xubilados alemáns para aforrar gas
A presidenta do comité de turismo do Parlamento alemán cifrou o custo en 10.000 millóns de euros

G24.gal
23/05/2022 13:22
As axencias de viaxes de Alemaña propoñen subvencionar as vacacións dos xubilados para que pasen o inverno en países cálidos do Mediterráneo coma España, e así aforrar en calefacción.
Con esta medida, pretenden reducir a dependencia enerxética do país con respecto a Rusia, que lle subministra o 55 % do gas que consume. Entre os destinos propostos cítanse Mallorca, un dos destinos preferidos dos alemáns.
A proposta xerou bastante controversia, e a presidenta do comité de turismo do Parlamento alemán cifrou o custo en 10.000 millóns de euros.