Cargando resultados...
As canteiráns do Porriño soñan con facer algo grande na súa estrea en Europa
Sarai Samartín: "Temos que afrontalo con ilusión e dalo todo"
G24.gal
02/10/2024 11:24
Última actualización 02/10/2024 11:30
Son as dúas canteiráns máis asentadas no primeiro equipo. E viven a época dourada do Balonmán Porriño. Alicia Campo non nacera e Sarai Samartín só tiña dous anos cando o club, aló por 1997, ascendeu á máxima categoría. Foi aquel un momento para a historia. Chégalles agora outro: competir en Europa
"Formar parte deste equipo é un orgullo".
"Temos que afrontalo con ilusión e dalo todo".
Dous partidos no Porriño, o venres e o domingo, ante as campioas italianas, o Brixen Sudtirol
A temporada pasada foi semifinalista de Liga. O reto para este curso do Orbe Zendal Porriño é chegar a unha final, da Liga, da Copa ou de Europa.