Cargando resultados...
As eléctricas aforran máis de mil millóns de euros coa rebaixa fiscal do Goberno para baixar a factura do consumidor
As eléctricas aforran máis de mil millóns de euros coa rebaixa fiscal do Goberno para baixar a factura do consumidor
Deixan de pagar o imposto de xeración

G24.gal
03/01/2022 19:52
A rebaixa fiscal aprobada polo Goberno para abaratar a factura da luz beneficia directamente ás compañías eléctricas.
Así o recoñece o Executivo, que estima que as eléctricas van aforrar máis de mil millóns de euros ao non ter que pagar o imposto de xeración.
Esa cantidade supón máis da metade de toda a rebaixa fiscal, que ascende a dous mil millóns de euros.