As palabras de Obrador inquietan as máis de 500 empresas galegas exportadoras
No 2021, as compañías galegas venderon máis de 200 millóns de euros a México
México tamén é un mercado estratéxico para Galicia. Máis de cincocentas empresas galegas exportan ao país centroamericano.
México é o sétimo fabricante mundial de vehículos e nos últimos anos un cliente cada vez máis relevante para as empresas galegas de automoción e compoñentes cun auxe de vendas no país.
Tamén a industria pesqueira galega de conxelado e conservas foi gañando peso no país azteca con exportacións superan as mil toneladas anuais.
Sobre as declaracións de López Obrador o goberno galego salienta que empresas precisan seguridade.
O téxtil galego tamén ten en México un mercado de referencia. Inditex ten alí máis de 400 tendas. Tamén teñen unha presenza importante Bimba y Lola, Adolfo Domínguez e Roberto Verino que factura no país un dezaseis por cento das súas vendas anuais.