Cargando resultados...
As reservas pantasma asexan os albergues
A creación dunha plataforma e o cobro anticipado axudan a paliar o problema
G24.gal
15/12/2024 13:55
Un dos problemas dos hostaleiros son as reservas que fan clientes que despois nin aparecen nin sequera avisan de que non van ir.
Trátase dunha práctica que afecta todo o sector: restaurantes, hoteis, casas de turismo rural e que, ultimamente, tamén se fai moito nos albergues do Camiño.
Son as chamadas reservas pantasma, un problema que se trata de atallar coa creación de plataformas de reserva ou co cobro anticipado.