Cargando resultados...
As xornalistas iranianas que desvelaron o caso Amini enfrontan altas penas de prisión
Acúsanas de cooperación co Goberno dos Estados Unidos

G24.gal
28/04/2023 09:11
As dúas xornalistas iranianas que informaron do asasinato de Mahsa Amini por levar mal posto o veo en setembro de 2022, e que desencadearon unha onda de protestas no país, afrontan décadas de prisión e mesmo poden ser condenadas á pena capital.
Nilofar Hamedi revelara o falecemento da moza detida e Elaha Mohammadi cubrira o seu enterro. Agora, acúsanas de cooperación co Goberno estadounidense, colusión contra a seguridade nacional e propaganda contra o réxime dos aiatolás.
Por todo isto pódenlle caer moitos anos de prisión, mesmo a pena de morte. As vistas do xuízo comezarán dentro dun mes.