Atopan morto en Moscova a Janis Timma, ex-xogador do Obradoiro
Cun currículo envexable tras pasar por algúns mellores de Europa-Baskonia, Olympiacos, Khimki e Unics Kazán, entre outros- Janis Timma recalou o pasado febreiro no Obradoiro

O internacional letón Janis Timma, quen militou a pasada tempada no Monbus Obradoiro e que entre outros equipos xogou no Baskonia, faleceu esta pasada noite en estrañas circunstancias, segundo informaron diversos medios rusos.
Ao parecer, o xogador letón podería falecer tras precipitarse ao baleiro desde un inmoble residencial en Moscova. Segundo as primeiras informacións, xunto ao cadáver atopouse o seu teléfono móbil coa mensaxe “Chama a Anna” e o número de teléfono da que fora a súa muller, a cantante e actriz ucraína Anna Sedokova, da que se separou o pasado 9 de decembro.
Cun currículo envexable tras pasar por algúns mellores de Europa -Baskonia, Olympiacos, Khimki e Unics Kazán, entre outros- Janis Timma recalou o pasado febreiro no Obradoiro, que pelexaba por manterse na ACB. Co equipo galego, disputou 10 partidos na liga Endesa, nos que mediou 8,7 puntos, 4,1 rebotes e 2 asistencias por encontro, números que non foron suficientes para axudar ao Obradoiro a lograr a permanencia na categoría.
🖤 We bid farewell with deep sorrow to Janis Timma, who was a player for Monbus Obradoiro last season. From the moment he joined the team, he gave his all for our jersey, and for that, we will always be grateful.
— OBRADOIRO CAB (@OBRADOIROCAB) December 17, 2024
We extend our heartfelt support to Janis Timma's family and… pic.twitter.com/ySk1EW2Tv8