Publicador de contidos

Publicador de contidos

Brodziansky regresa ao Obradoiro para liderar o asalto ao ascenso

Brodziansky regresa ao Obradoiro para liderar o asalto ao ascenso

O pivote eslovaco marcha de UCAM Murcia, onde estaba a ter bos números, para xogar na Primeira FEB

G24.gal 27/01/2025 23:40

O Obradoiro sorprendeu no mercado coa fichaxe do pivote eslovaco Vladimir Brodziansky (30 anos). Volve a Santiago un xogador que xa estivo durante dúas temporadas vestindo a camisola obradoirista entre 2018 e 2020 dando un gran rendemento. 

Na primeira temporada mediou 11,2 puntos e 4,7 rebotes sendo un xogador indispensable para Moncho Fernández. O segundo ano conseguiu mellorar os números ofensivos con 12'7 puntos. Iso permitiulle asinar un contrato longo co Joventut onde estivo entre 2020 e 2024. Alí tamén foi un xogador importante na rotación interior. 

No verán marchou a UCAM Murcia. Estaba en pista máis de 20 minutos por partido con 7,8 puntos e 3,2 rebotes. Malia ter ese peso específico no último subcampión da ACB Brodziansky decidiu marchar de terras murcianas e enrolarse nun proxecto na segunda categoría no baloncesto español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade