Cargando resultados...
Atopan unha momia prehispánica na mochila dun repartidor do Perú
O home explicou que a tiña na súa casa e que a sacou para ensinárllela aos amigos

G24.gal
01/03/2023 08:31
Atopan unha momia prehispánica na mochila dun repartidor de comida a domicilio do Perú. O home explicou que a tiña na súa casa e que a sacou para ensinárllela aos amigos. Que lle chamaba Juanita, durmía con ela e que a considera a súa noiva espiritual.
Alertado o Ministerio de Cultura pola policía cando descubriu o achado, os técnicos confirmaron que a momia ten entre 600 e 800 anos de antigüidade e que Juanita é en realidade Juanito. Porque corresponde a un home momificado duns 45 anos. Agora, o ministerio fíxose cargo da custodia dos restos.