Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atracado no porto da Coruña un buque chinés que perdeu dous guindastres da súa carga

Atracado no porto da Coruña un buque chinés que perdeu dous guindastres da súa carga

O barco permanecía fondeado na ría de Ares á espera de estar en condicións óptimas para entrar ao peirao

Vista do buque chinés Shang De Wu Yi Shan atracado no porto exterior da Coruña este martes (EFE/Cabalar) Vista do buque chinés Shang De Wu Yi Shan atracado no porto exterior da Coruña este martes (EFE/Cabalar)
G24.gal 17/12/2024 10:50

Atraca este martes no porto exterior da Coruña o barco chinés Shang De Wu Yi Shan, que perdeu  durante a súa navegación pola ría de Ares dous grandes guindastres que transportaba a bordo, que danaron parcialmente o buque.

A tripulación pediu auxilio ás autoridades españolas o pasado venres á noite por un "corremento de carga" que esnaquizou as estruturas, segundo detallou o servizo de Salvamento Marítimo.

Dende entón, o barco, de 169 metros de eslora, permanecía fondeado na ría de Ares á espera de estar en condicións óptimas para entrar ao porto exterior de punta Lagosteira, onde xa se atopa para descargar o resto dos guindastres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade