Aumentan as consultas sobre préstamos persoais para as compras de Nadal
Os galegos gastarán de media algo menos de 500 euros, un 5% menos que o ano pasado
Este Nadal gastaremos de media algo menos de 500 euros, un 5% menos que o ano pasado. Con todo, cada vez máis consumidores estudan financiar e aprazar os pagos das súas compras. Aumentan as consultas sobre este tipo de produtos, pero prevese que o importe solicitado sexa menor e a pagar en máis prazos.
Tamén volven os pagos a cota fixa, as coñecidas tarxetas revolving, que nalgúns casos levan xuros moi elevados. As asociacións de consumidores e usuarios recomendan facer ben as contas dos xuros antes de contratar produtos financeiros.
Os expertos aconsellan planificar ben as compras, comparar e comprobar a fiabilidade das entidades que ofrecen os produtos financeiros e non solicitar máis cartos dos que se necesitan.