Publicador de contidos

Publicador de contidos

Badosa racha o seu teito nun Grand Slam e métese nas semifinais de Australia

Badosa racha o seu teito nun Grand Slam e métese nas semifinais de Australia

Impúxose a Gauff en dous sets (7-5, 6-4)

G24.gal 21/01/2025 07:27

A española Paula Badosa rachou o seu teito ante a terceira xogadora do mundo, a estadounidense Coco Gauff, intratable neste 2025. Gañoulle por 7-5, 6-4 despois dunha hora e 44 minutos de partido e meteuse nas semifinais do Aberto de Australia. 

Nunca antes Badosa, 12.ª da clasificación da WTA, acadara un posto entre as catro mellores dun Gran Slam, pero, por primeira vez na súa carreira, gañoulle a unha das cinco mellores do mundo nunha cita desta dimensión e continúa como aspirante a gañar o torneo. 

Gauff viña de gañar doce partidos consecutivos nesta temporada e aspiraba a rematar o Open de Australia como a número un do mundo. Pero atopouse coa mellor Paula Badosa. No primeiro set non houbo cesións de saque ata o 5-5. Nese intre a española fixo un break, que consolidou co seu servizo para conseguir a rolda en 51 minutos 

O primeiro xogo do segundo set resultou determinante. Gauff ao saque e Badosa exercendo presión. Durou case un cuarto de hora pero a vitoria ao resto permitiulle afrontar con soltura a segunda rolda e poñerse cun 5-2. Pechar o partido sempre é complicado e Gauff creboulle tamén o saque para apertar cun 5-4, pero na segunda oportunidade Badosa non fallou e logrou un meritorio triunfo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade