Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha Sabalenka imperial despide en semifinais de Australia a Paula Badosa

Unha Sabalenka imperial despide en semifinais de Australia a Paula Badosa

A bielorrusa gañou por un claro 6-4 e 6-2 nunha hora e 26 minutos de xogo

Foto EFE
G24.gal 23/01/2025 11:02 Última actualización 23/01/2025 12:01

A bielorrusa Aryna Sabalenka, número un mundial, derrotou este xoves á española Paula Badosa (12) por 6-4 e 6-2 nunha hora e 26 minutos de xogo nas semifinais do Aberto de Australia.

Sabalenka, defensora do título, xogará a final contra a estadounidense Madison Keys que sorprendeu á número 2 do mundo Iga Swiatek. Keys gañou por 5-7, 6-1, 7-6 despois dun emocionante super tie break (10-8).

Badosa, por primeira vez na súa carreira unhas semifinais de Grand Slam, non puido sumarse ás xestas das súas compatriotas Arantxa Sánchez, Conchita Martínez e Garbiñe Muguruza, que caeron na final do 'major' oceánico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade