Bares e restaurantes xa cobran por servir auga filtrada
O sector hostaleiro di que non pode asumir máis gastos extra
Dende abril do pasado ano os bares e restaurantes están obrigados por lei a ofrecer auga da billa de balde coma unha das medidas para reducir o uso de envases.
Con todo, moitos establecementos o que xa están facendo é cobrar aos seus clientes pola auga filtrada. Auga que sae da billa e pasa por un filtro que supostamente lle resta impurezas.
Os hostaleiros din que fan isto porque para eles este servizo tamén ten un custo. Aínda así, as estatísticas din que moitos clientes non son conscientes do tipo de auga que lles están dando.
De feito unha enquisa feita para o Instituto de Investigación Auga e Saúde di que só un de cada seis consumidores é consciente de que lle están servindo auga da billa filtrada e que lla están cobrando.
Por iso, oito de cada dez clientes tamén recoñecen que non están dispostos a pagar por ela.
"Se non é da billa paréceme un pouco unha estafa, porque para iso pídoa de botella". "A eles iso non lles custa", comenta un cliente. E precisamente este é un dos argumentos dos que bota man o sector hostaleiro para xustificarse.
"Si, ten un custo mensual, polo mantemento da máquina, as botellas.. é unha axuda".
"Na carta debería estar especificado... por esta auga ímoslle cobrar tanto...".
Outro dos datos que reflicte esta enquisa, é que o 90 por cento dos consumidores demanda información do tipo de auga que lle van servir no restaurante e canto van ter que pagar por ela.