Cargando resultados...
Bernardo Fernández Piñeiro gaña as primarias socialistas na provincia da Coruña
O alcalde de Pontedeume conseguiu o 77 % dos sufraxios
A outra candidata, Noa Díaz, conseguiu o 22 % dos votos

G24.gal
30/01/2022 21:32
Xa hai gañador das primarias dos socialistas coruñeses. Bernardo Fernández Piñeiro, alcalde de Pontedeume e afín ao actual secretario xeral Valentín Gónzalez Formoso, conseguiu 1.901 votos da militancia. A outra candidata, a deputada autonómica Noa Díaz, conseguiu 550 sufraxios.
Fernández obtén así o 77 % do total dos apoios, fronte ao 22 % da parlamentaria. A provincia da Coruña é a que conta cun maior número de persoas afiliadas de toda a comunidade autónoma.
