Cargando resultados...
Besteiro aposta por un modelo público eficaz para as residencias de maiores
Xosé Ramón Gómez Besteiro di que vai implantar o modelo que creou na Deputación de Lugo
Besteiro fala cun dos residentes nun momento da visita
G24.gal
06/01/2024 19:29
Última actualización 06/01/2024 19:48
Xosé Ramón Gómez Besteiro visitou este sábado a residencia de maiores Santa María de Meira. Desde alí anunciou que o PSdeG implantará en Galicia o modelo público de residencias que creou na Deputación de Lugo.
O candidato socialista á presidencia da Xunta dixo que o seu é un modelo eficaz, con prezos xustos e atención personalizada que crea riqueza e emprego.