Publicador de contidos

Publicador de contidos

B. Golán 17 campionatos de España: "Con Indurain xa me fixaba no que era o sufrimento”

B. Golán 17 campionatos de España: "Con Indurain xa me fixaba no que era o sufrimento”

Deixa unha pequena porta aberta a continuar competindo o ano que vén

G24.gal 14/02/2022 15:45

Logo de volver gañar o campionato de España, que significa o seu 17º trofeo, Borja Golán pasou pola Zona mixta da Radio Galega para contarnos como viviu este momento e falarnos do seu futuro inmediato

Unha tormenta perfecta

Unha condición física boa, a calor da afección, xogar nunha pista que coñece... todo axudou para volver gañar o Campionato de España

"Xogar na casa, sentir a calor da miña xente e despois de tres anos sen poder gañar... todo se deu para conseguir o triunfo contra un rival máis novo. O ter case 40 anos tamén che dá o un plus de experiencia que vale nestes momentos"

Retirada en maio ou xuño

Aínda que se sente ben fisicamente, Golán pensa que tomará a decisión definitiva en maio ou xuño deste ano de retirarse. Así e todo, non pechou totalmente a porta a continuar.

“A mente é a que tira”

"A decisión definitiva creo que a tomarei en xuño, daquela podedes volver chamarme a ver que decidín", afirmou cun sorriso.

O exemplo de grandes deportistas españois

Ao preguntarlle por se algunha vez se cansou de gañar, referiuse a dous deportistas españois que son referentes nisto de vencer e nunca cansar de facelo

"Agora está de moda o de Nadal e os 21 títulos, pero eu desde pequeno admirei a forza de vontade e o espírito gañador de Indurain"

"Ten mérito gañar 17 títulos, pero tampouco sei como o fai o que estuda unhas oposicións”

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade