Brais Méndez marca na vitoria da Real Sociedade en Ponferrada
A Real e o Leganés tamén superaron a rolda contra equipos de inferior categoría
O As Palmas de Diego Martínez caeu con estrépito no campo do Elxe (4-0)
A Real Sociedade segue adiante na Copa despois de eliminar a Ponferradina do ourensán Javi Rey. Outro galego converteuse en goleador porque o mosense Brais Méndez marcou o segundo gol dos vascos. Oyarzábal anotara o primeiro ao pouco de principiar a segunda metade.
O Leganés remontou no campo dun Cartaxena (1-2) que se adiantou cun tanto de Luis Muñoz. A reacción non se fixo agardar e Munir (28') e Dani Raba (51') propiciaron o pase do equipo adestrado por Borja Jiménez.
A xornada do domingo completouse coa derrota contundente da Unión Deportiva As Palmas. O equipo do vigués Diego Martínez caeu con estrépito no campo do Elxe da Segunda División. Mendoza, Affengruber, Salinas e Nico Fernández anotaron os catro goles do equipo alacantino.