Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro xogará a Final a Catro da Copa España

O Obradoiro xogará a Final a Catro da Copa España

Tiña que recuperar dous puntos ante o Valladolid e gañou, con moitos apuros, por 65-61

G24.gal 07/01/2025 21:56

O Monbus Obradoiro xogará a Final a Catro da Copa España, torneo que se estrea esta temporada para os equipos que non participan na ACB. O equipo obradoirista perdera en Valladolid por 80-68 e acabou remontando nos últimos intres dun partido moi sufrido (65-61). 

O equipo valisoletano saíu moi metido en defensa e deixou o Obradoiro en nove puntos no primeiro cuarto (9-15). Non funcionaba o ataque dos santiagueses, que a un segundo para chegar ao descanso perdían por 18-31. Unha tripla con adicional de Davison, a estrela do partido, serviu para minimizar a desfeita (22-31). 

Na segunda metade as cousas non acababan de ir por bo camiño (35-44), ata que o Obradoiro encadeou un parcial de 11-2 (46-46). O Valladolid volveu dar outra tirada (48-55), pero o Obra conseguiu engancharse e colleu o mando por primeira vez cun 57-55. Davison para os locais e Manchón para os visitantes levaron o peso ofensivo e acabou impoñéndose o equipo galego por 65-61. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade