Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas manifesta que aínda non aprobou o plan ibérico para abaratar a luz

Bruxelas manifesta que aínda non aprobou o plan ibérico para abaratar a luz

Os servizos de Competencia da Comisión trasladaron a Madrid e Lisboa unha "análise preliminar" e que "algúns datos seguen pendentes"

G24.gal 09/05/2022 20:18

A Comisión Europea precisou este luns que aínda non tomou ningunha decisión "formal" que aprobe o plan de España e Portugal para abaratar o prezo da luz, senón que compartiu con ambos os países unha avaliación "preliminar".

 A Comisión Europea aclara que só fixo unha avaliación preliminar do plan de España e Portugal para limitar o prezo do gas co que se xera electricidade. Tanto España como Portugal daban por aprobado o plan, pero Bruxelas indica que aínda non tomou unha decisión formal. Pendente de aprobar a excepción ibérica.

A Comisión Europea asegura que aínda faltan detalles para poder darlle para adiante de forma definitiva. O Goberno pretende aprobar canto antes esta medida, pactada a finais de abril, que estará en vigor durante un ano para rebaixar a factura da luz de fogares e empresas.

"Aínda que non se tomaron decisións formais pola momento, a Comisión segue en contacto coas autoridades españolas e portuguesas sobre o deseño da medida", explicou unha portavoz do Executivo comunitario.

A portavoz engadiu que os servizos de Competencia da Comisión trasladaron a Madrid e Lisboa unha "análise preliminar" e que "algúns datos seguen pendentes", polo que a notificación formal chegará "pronto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade