Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan o asaltante dunha xoiería de Ordes e os seus cómplices

Buscan o asaltante dunha xoiería de Ordes e os seus cómplices

A Garda Civil dirixe a investigación e trata de localizar un home que roubou a xoiería despois de estenderlle á dependenta un aerosol de gas pementa pola cara.

A xoiería está no centro da vila e é o terceiro atraco que sofre
G24.gal 12/07/2022 12:39

A Garda Civil busca o ladrón e os cómplices que roubaron unha xoiería de Ordes. Empregaron un aerosol de gas pementa para incapacitar a dependenta do establecemento.

A muller está ben, non sufriu moito máis que unha irritación ocular da que foi atendida no centro de saúde. Esta mañá declaraba a dona da xoiería no cuartel da Garda Civil de Ordes, onde puxo a denuncia. Os axentes cren que o asaltante está gravado nas cámaras de seguridade da tenda e houbo testemuñas que colleron a matrícula do coche en que fuxiron, é cuestión de horas dar cos asaltantes. 

O roubo produciuse á plena luz do día. Un home alto e novo, de ao redor de 30 anos, entrou na xoiería e pediu ver unha mostra de xoias.

Amosou interese por un par de pezas e pediu ver algunha de máis valor.  Xa que as que lle ensinaba inicialmente a dependenta non lle acababan de gustar. Ela trouxo outro mostrario e el tratou de arrincarllo das mans. Ante a resistencia da muller, coa que mantivo un forcexo, atacouna con gas pementa e conseguir fuxir coas xoias.

A dependenta saíu detrás del pedindo auxilio e o ladrón logrou fuxir nun coche que o esperaba a menos de cen metros. Dentro había polo menos un cómplice.

Descoñécese o valor das xoias contidas na manta roubada, pero suponse que é elevado. Testemuñas puideron ver que fuxían nun vehículo, un Renault de cor granate, e incluso puideron apuntar a matrícula. 

O negocio conta con cámaras de seguridade, e por tanto o autor está identificado e o vehículo tamén. Suponse que é cuestión de horas que localicen os delincuentes, que ao parecer teñen antecedentes policiais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade