Cargando resultados...
Buscan un home na Coruña que agrediu cunha arma branca un condutor de bus urbano
O atacante causoulle un pequeno corte na man ao traballador a quen tratan de localizar as forzas de seguridade
Momento da agresión conta o condutor do autobús na Coruña
G24.gal
31/08/2024 18:37
A Policía Local e a Nacional da Coruña buscan un home como presunto autor dunha agresión con arma branca ao condutor dun autobús urbano na Mariña.
O suceso produciuse contra as 21:30 horas do venres cando un home, que se atopaba na rúa, agrediu ao condutor desde o portelo. A vítima, que quedou ferida nunha man, xa interpuxo unha denuncia por estes feitos.
O incidente obrigou a desaloxar o autobús ante a chegada da Policía Local. A compañía de Tranvías da Coruña lamenta os feitos e condena "calquera agresión" aos condutores.