Contido coa etiqueta acoitelamento .

Contido coa etiqueta acoitelamento .

Acoitelamento

Deteñen un home acusado de acoitelar un cliente nun local de ocio de Lugo

27/01/2025 16:37

Foi a vítima a que acudiu denunciar os feitos despois de pasar días no hospital

Os veciños din que son habituais os altercados ás portas deste establecemento situado na rolda da Muralla


Morre acoitelado outro home no 'hotel ocupa' de Madrid e deteñen o presunto autor

24/01/2025 19:48

No inmoble xa fora asasinado un cidadán colombiano e rexistráronse varias liortas, detencións e a morte dunha muller hai meses por inhalación de monóxido de carbono

Categorías:  España   Sucesos
Etiquetas:  ACOITELAMENTO

Deteñen un segundo home polo acoitelamento dun mozo en Cee na véspera de Reis

15/01/2025 10:24

A vítima tivo que ser trasladada de urxencia ao Hospital Virxe da Xunqueira

Un dos presuntos autores, menor de idade, xa fora detido o 6 de xaneiro


O lugar onde morreu o home de orixe galega

O home acoitelado polo seu fillo adolescentes en Palencia era natural de Zas

12/01/2025 20:56

Consternación no seu concello natal, onde aínda vive parte da súa familia


Axentes da Policía no lugar dos feitos. EFE/Almudena Álvarez

Detido un rapaz de 15 anos acusado de matar a coiteladas o seu pai na rúa en Palencia

11/01/2025 16:57

O home mantiña unha discusión coa nai do menor e coa súa parella actual

A vítima, de 55 anos, tivera no pasado unha orde de afastamento da súa exmuller


Os servizos funerarios e a Garda Civil traballan no lugar onde se atopa o cadáver dun menor acoitelado (Rocío Ruz/Europa Press)

Dous detidos e dous menores investigados polo acoitelamento mortal dun menor en Gerena (Sevilla)

09/01/2025 15:29

O suceso produciuse este mércores sobre as 14:35 horas

O falecido era veciño da localidade de Aznalcóllar, municipio que decretou tres días de loito oficial en sinal de dó


Detido un mozo por matar un menor á saída dun instituto en Gerena, presuntamente por celos

08/01/2025 17:53

Mostrouse molesto porque o mozo de 17 anos seguía a súa parella nunha rede social

O menor ferido tentou subir ao autobús, pero caeu sobre a beirarrúa

Foi localizada unha arma branca que podería corresponder coa usada no homicidio


Hospital Virxen da Xunqueira

Detido un menor por acoitelar a outro mozo en Cee

07/01/2025 11:32

 O rapaz tivo que ser intervido, pero evoluciona favorablemente


Axente da Garda Civil/Arquivo

Acoitelado un rapaz en Cee

05/01/2025 21:43

A alcaldesa, Margarita Lamela, confirmoulle á Radio Galega que está fóra de perigo

As primeiras investigacións apuntan a que a agresión podería estar relacionada cunha débeda económica


Un ano do crime de Yoel: familiares piden respostas e xustiza

23/12/2024 13:54

A acusación particular cre que houbo outros dous implicados na agresión que lle custou a vida ao mozo de orixe peruana

Este mércores pola tarde, familiares e amigos concentraranse para pedir xustiza


Prisión provisional para o home acusado de matar un mozo en Ourense a coiteladas

01/12/2024 12:51

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, está a ser investigado por un delito de homicidio


Detido un home acusado de matar cunha arma branca un mozo de 21 anos en Ourense

29/11/2024 13:46

Os feitos producíronse sobre a 02:00 horas deste venres na rúa Pizarro, na zona centro


Detido un home en Lugo acusado de acoitelar a súa parella

24/11/2024 14:14

Presuntamente, o home asestoulle varias puñaladas á súa parella en distintas zonas do corpo

A agresión rexistrouse sobre as 03:00 horas nunha vivenda da cidade de Lugo

En Vilalba, unha muller está ferida grave despois de ser agredida cun martelo e unha pa pola súa parella 

 


O acusado na súa entrada ao xulgado

Conclúe o xuízo de Velle: "un criminal" para a acusación e "un enfermo" para a defensa

20/11/2024 16:14

Ambas as dúas acusacións piden penas de máis de 25 anos por un delito de asasinato consumado e outro en grao de tentativa

O debate principal e se sabía o que facía ou non era consciente polo seu problema de saúde mental

O xurado recibirá o obxecto de veredicto este xoves


Sobrevivente do crime de Velle durante a segunda sesión do xuízo

O sobrevivente do crime de Velle: "Mireino aos ollos e vin o coitelo no meu abdome"

19/11/2024 16:01

Foi agredido en canto abriu a porta da casa ao seu curmán

Os psiquiatras que atenderon o acusado confirmaron que sofre dunha esquizofrenia paranoide, pero non puideron precisar se era ou non consciente do que facía


Prisión provisional para o acusado de acoitelar un home en Carballo

18/11/2024 16:06

Trátase dun mozo de 18 anos que foi detido o venres na casa do seu pai

A vítima, de 79 anos, tivo que ser trasladada ao hospital por unha ferida no tórax


En estado grave un veciño de Carballo que recibiu unha coitelada no tórax

16/11/2024 20:50

A Garda Civil detivo un mozo de 18 anos como presunto agresor


Prisión provisional para o acusado de ferir a coiteladas un veciño en Marín

09/11/2024 16:00

O presunto agresor, investigado por un delito de intento de homicidio, pasou á disposición xudicial este sábado 


Garaxe no que se produciu o acoitelamento. Cedida.

Ferido un home de 52 anos ao ser acoitelado nun garaxe de Marín

07/11/2024 20:02

Foi trasladado ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra, e a súa vida non corre perigo

O presunto agresor, de 44 anos e con antecedentes psiquiátricos, foi detido na casa dun familiar tras ser localizado pola Policía Local


Acoitelan un home durante unha liorta en Ordes

28/10/2024 14:17

 O agresor foi detido no mesmo día dos feitos e está á espera de pasar a disposición xudicial


Imaxe de arquivo do presunto asasino de Soufian (Europa Press / Adrián Irago)

Piden 25 anos para o home acusado de matar outro á saída dun pub de Salceda

18/10/2024 19:07

Tamén pide indemnizacións de 300.000 euros para a familia da vítima e que a execución da pena sexa integramente en España

Acoitelouno tres veces en zonas vitais en xuño de 2019 por tirarlle a copa no local


Prisión provisional comunicada e sen fianza para o mozo que acoitelou a súa nai nas Neves

27/09/2024 13:05

O mozo, de 20 anos, que chegou ao xulgado pasadas as nove da mañá acolleuse ao seu dereito a non prestar declaración


Detido un mozo de 20 anos nas Neves tras matar a nai cun coitelo

26/09/2024 09:06

O suceso tivo lugar pasadas as 21:00 horas deste mércores no domicilio familiar situado na parroquia de Rubiós

O mozo é o presunto autor do acoitelamento de súa nai e despois fíxose algún corte


Buscan un home que acoitelou un veciño de Sada

25/09/2024 09:36

A vítima foi trasladada ao Complexo Hospitalario da Coruña para ser atendida. O seu estado non é grave e non se teme pola súa vida


Un home de 86 anos acepta cinco de cárcere, que non cumprirá, por acoitelar un veciño en Nigrán

18/09/2024 12:22

O fiscal pedía a pena de nove anos de prisión, que se rebaixou aos cinco anos na vista de conformidade


Imaxe de arquivo dunha ambulancia portuguesa (Europa Press / Pedro Fiuza)

Un neno de 12 anos acoitela seis compañeiros nunha escola en Portugal, un deles grave

17/09/2024 18:54

Antes do ataque o alumno foi comer á casa e volveu cun coitelo e un chaleco antibalas na mochila

Hai cinco feridos leves e unha ferida grave, cuxa vida non corre perigo


Paso a disposición xudicial do arrestado

Ingresa na cadea o detido por acoitelar un home en Vilagarcía

16/09/2024 20:51

O xuíz decretou a prisión preventiva comunicada e sen fianza


O edificio onde vivían as vítimas, no barrio de San Adrián. EFE/Luis Tejido

Falece o home que se botou desde o balcón tras acoitelar ao pai e á nai en Bilbao

14/09/2024 08:47

Ambos os dous proxenitores recupéranse das feridas no hospital


Urbanización onde a policía localizou os cadáveres da muller e das súas fillas en Francia

Un home asasina cun coitelo á muller e ás dúas fillas nas proximidades de París

07/09/2024 18:39

O agresor, que padece unha enfermidade psiquiátrica, confesou o crime despois doutra agresión


Momento da agresión conta o condutor do autobús na Coruña

Buscan un home na Coruña que agrediu cunha arma branca un condutor de bus urbano

31/08/2024 18:37

O atacante causoulle un pequeno corte na man ao traballador a quen tratan de localizar as forzas de seguridade


Alemaña prohibe coitelos en eventos públicos, trens e buses e axiliza as deportacións

29/08/2024 17:15

Son algunhas das medidas tras o atentado que deixou tres acoitelados en Solingen


Restos de sangue no lugar da agresión

Dous detidos na Coruña por unha agresión con arma branca tras un intento de roubo

28/08/2024 09:52

A orixe estaría nun intento de roubo por parte dun home a outro, o que provocou posteriormente unha pelexa entre ambos e logo a agresión con arma branca


Prisión sen fianza para o detido por atacar un mozo no Entroido de verán de Redondela

27/08/2024 17:52

Acordou tamén unha medida de prohibición de aproximación á vítima, para o caso de que se acorde nalgún momento a posta en liberdade


Ingresa en prisión tras entregarse o autor do acoitelamento múltiple de Solingen

25/08/2024 20:15

Está acusado de tres asasinatos, oito tentativas e pertenza a organización terrorista

Os investigadores analizan a veracidade do comunicado do Estado Islámico


O detido escoltado pola policía en Karlsruhe, Alemaña, este domingo

O autor do acoitelamento múltiple de Solingen entregouse á policía e confesou

25/08/2024 14:29

A Fiscalía xeral de Alemaña asume a investigación do ataque

A policía busca máis pistas e analiza a veracidade do comunicado do Estado Islámico


Unidades especiais da policía alemá rexistran unha casa de acollida este sábado

O suposto autor do acoitelamento con tres mortos en Alemaña entrégase á policía

24/08/2024 16:24

É un mozo de 26 anos, de orixe siria, que chegara a Alemaña en 2022

O outro arrestado é un adolescente de 15 anos, que coñecía que se ía rexistrar o ataque e que llo contou a outra persoa antes de que se producise

O Estado Islámico reivindicou o ataque "en vinganza polos musulmáns en Palestina e en todas partes"


Lugar do crime en Solingen con axentes da policía e ambulancias

A policía busca o autor do acoitelamento múltiple nun festival en Alemaña que deixa tres mortos e oito feridos

24/08/2024 10:07

As autoridades asumen un ataque terrorista como motivo do ataque e a policía pide precaución, xa que o sospeitoso segue fuxido

As vítimas, escollidas ao azar, recibiron as coiteladas no pescozo

Celebrábase en Solingen, no oeste de Alemaña o festival da diversidade no 650 aniversario da cidade

 


Prisión comunicada e sen fianza para o detido polo asasinato de Mateo en Mocejón

22/08/2024 14:13

O xulgado solicitou o traslado do investigado a un centro, unidade ou departamento adecuado á súa situación de discapacidade

O xuíz itamén acordou pedir ditame forense sobre a "imputabilidade do investigado"


Funeral polo pequeno Mateo en Mocejón (EFE/Chema Moya)

Un coitelo atopado en Mocejón presenta restos biolóxicos humanos

21/08/2024 10:54

O suposto autor do crime pasará este xoves a disposición xudicial

Multitudinario adeus ao pequeno Mateo tres días despois da súa morte

A Fiscalía propón identificar usuarios de redes sociais e prohibir o acceso en caso de delito grave


A Garda Civil rastrexou este luns a canle de rega de Mocejón (EFE/Ismael Herrero)

O presunto asasino de Mateo di que non se puido controlar e que o fixo o seu "outro eu"

20/08/2024 08:41

Fontes da investigación indicaron que o detido deliraba ao falar e non mantiña un discurso coherente

Unidades especiais da Garda Civil seguen buscando a arma do crime

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 205 resultados.