Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan unha moza de 25 anos desaparecida en Vigo o pasado 9 de setembro

Buscan unha moza de 25 anos desaparecida en Vigo o pasado 9 de setembro

SOS Desaparecidos facilita o teléfono 868 286 726 e o enderezo de correo info@sosdesaparecidos.es para quen poida achegar información sobre o paradoiro desta rapaza

Imaxe da moza desaparecida en Vigo. SOS Desaparecidos. Imaxe da moza desaparecida en Vigo. SOS Desaparecidos.
G24.gal 18/09/2026 20:25

A asociación SOS Desaparecidos activou unha alerta pola desaparición, en Vigo, dunha moza de 25 anos de idade, da que se descoñece o seu paradoiro desde o pasado 9 de setembro.

Segundo os datos achegados pola entidade, a moza chámase Meheret G. D., é de complexión delgada, mide 1,55 m de estatura e leva trenzas vermellas e varios 'piercings'.

SOS Desaparecidos facilita o teléfono 868 286 726 e o enderezo de correo info@sosdesaparecidos.es para quen poida achegar información sobre o paradoiro desta moza.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar