Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan con vida a muller de 76 anos desaparecida en Toén

Atopan con vida a muller de 76 anos desaparecida en Toén

A muller, que padece demencia, faltaba da casa desde o domingo

Apareceu en bo estado pero foi trasladada ao hospital para un recoñecemento 

G24.gal 14/09/2026 20:15 Última actualización 14/09/2026 21:46

O amplo dispositivo de busca conseguiu atopar con vida a muller de 76 anos de Toén que estaba desaparecida desde o domingo. Segundo a información recibida do 112 Galicia, a muller, que padece demencia, foi localizada nunha leira, na estrada de Moreiras, consciente e en bo estado de saúde. Aínda así, foi trasladada ao centro hospitalario de referencia para o seu recoñecemento.

As tarefas de busca centráronse entre a zona Moreiras, lugar do que desapareceu este domingo, e Santo Benito de Cova de Lobo (Barbadás). Na tarde deste luns uníase ao operativo a unidade de drons da Axencia Galega de Emerxencias.

Ademais, o dispositivo, coordinado pola Garda Civil, traballara desde as primeiras horas deste luns coa intervención dos cans e da Unidade Pegaso da Garda Civil, incorporándose efectivos de Protección Civil de Barbadás ademais de familiares e veciños da desaparecida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade