Cargando resultados...
Cae unha banda que pedía créditos en liña con carnés de identidade roubados
Estafaron polo menos un millón de euros a máis de 700 vítimas
Os 39 detidos operaban fundamentalmente en Tarragona
G24.gal
02/06/2024 18:56
Última actualización 02/06/2024 19:19
A Garda Civil e os Mossos d'Esquadra desartellaron unha banda que estafou polo menos un millón de euros a máis de 700 vítimas.
Presuntamente roubábanlles ou fotografábanlles o DNI para pedir, ao seu nome, créditos pola Internet, cos que compraban móbiles de gama alta e outros produtos de luxo. Operaban fundamentalmente en Tarragona.
Ata o momento hai 39 detidos pero a investigación segue en marcha e non se descarta tampouco que o número de vítimas aumente, xa que moitas non sabían que estaban en listas de debedores tras sufrir a estafa.