Cargando resultados...
Carlos Canal pelexará por estar na Vuelta logo de ser cuarto no Campionato de España
Conversamos co ciclista limián no Ézaro onde segue a súa preparación para os vindeiros compromisos
G24.gal
27/06/2024 22:15
Tras a caída na Liexa-Bastoña-Liexa, Carlos Canal regresou á competición este domingo no Campionato Nacional de Ciclismo en Ruta. Agora atópase no Ézaro, preparando as vindeiras probas nas que participará.
O corredor limián contou co apoio do seu público para levar un segundo posto na etapa do Gran Camiño que transcorría entre Xinzo de Limia e Ribadavia. O seu mellor resultado esta tempada.
O ciclista galego demostrou a súa valía esta tempada, e agarda poder participar na Volta. Polo momento, Canal continúa coa súa preparación.