Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Cuerpo afirma que o SMI debe subir "na liña na que o está a facer o resto da economía"

Carlos Cuerpo afirma que o SMI debe subir "na liña na que o está a facer o resto da economía"

O ministro de Economía, Comercio e Empresa tamén declarou que a rebaixa da xornada laboral ata as 37,5 horas semanais é un compromiso "conxunto" e que buscan chegar "canto antes" a un acordo cos grupos parlamentarios

O ministro de Economía, Comercio e Empresa, Carlos Cuerpo/EP O ministro de Economía, Comercio e Empresa, Carlos Cuerpo/EP
G24.gal 02/01/2025 11:45

O ministro de Economía, Comercio e Empresa, Carlos Cuerpo, defendeu este xoves que o salario mínimo interprofesional (SMI) debe subir en 2025 "na liña na que o está a facer o resto da economía".

"Hai un compromiso claro por parte do Goberno de seguir axustando, seguir subindo o salario mínimo interprofesional. Queremos que siga compasado con ese 60 % do salario medio, que segue subindo polas boas cifras macro. De feito, as últimas estimacións son que o salario medio podería crecer arredor do 4 % en 2024", subliñou tamén Cuerpo.

En relación á rebaixa de xornada ata as 37,5 horas semanais, o ministro sinalou que é un compromiso "conxunto" do Goberno e que o obxectivo é "chegar o antes posible" a un acordo cos grupos parlamentarios para implementar esta medida.

Á hora de levar a cabo esta medida hai que ter en conta, por unha banda, "a realidade parlamentaria", é dicir, a necesidade de contar con apoios suficientes no Congreso para rebaixar a xornada, e, por outro, "a realidade da economía española". Neste sentido, insistiu en que non é o mesmo o impacto para unha pequena ou mediana empresa de rebaixar a xornada que o impacto desta medida para unha grande empresa.

"Non é o mesmo a situación no sector primario que no sector servizos ou no privado. No sector industrial temos que ser conscientes desta realidade económica e, polo tanto, axudar e acompañar as nosas empresas para que sexamos capaces entre todos de manter algo que levamos facendo os últimos seis anos, que é crecer e facelo á vez que conquistamos dereitos. E agora toca conquistar o dereito da rebaixa da xornada", reiterou Cuerpo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade