Cargando resultados...
Cinco anos de cárcere para un home que mollou a súa casa con gasolina para matar a súa parella
A Audiencia Provincial de Pontevedra ve probado que o home prendeu lume co combustible para causar un incendio mortal
O tribunal imponlle ao home a condena de prisión e unha indemnización á vítima de 3.200 euros, por un delito de homicidio en grao de tentativa
.png)
G24.gal
17/01/2025 14:12
Condenan a 5 anos de prisión un veciño da Estrada que incendiou con gasolina a súa casa para intentar matar a súa parella.
A Audiencia Provincial de Pontevedra ve probado que o home prendeu lume co combustible para causar un incendio mortal.
Sucedeu no ano 2023. A vítima logou saltar por unha ventá e fuxir. O tribunal imponlle ao home a condena de prisión e unha indemnización á vítima de 3.200 euros, por un delito de homicidio en grao de tentativa.